Denuncian falta de medios na campaña contra incendios

Coa entrada da época de máximo risco de incendios forestais, establecida para o período comprendido entre o 1 de Xullo e o 30 de Setembro (DOG nº 114 do Venres, 15 de Xuño de 2012), en condicións normais, debería estar operativo todo o dispositivo contra incendios recollido no Pladiga 2012.

O sindicato nacionalista CIG denuncia que unha vez comezada a campaña, o inicio oficial é o 1 de Xullo, non está contratado o reforzo do verán, como consecuencia da falla de previsión, organización e programación por parte da Conselleria do Medio Rural e do Mar. Estes últimos días mantiveron xuntanzas coa Conselleria do Medio Rural e do Mar "onde nos deron explicacións da creación de 436 postos de traballo", sinalou Xesús Dorado Noya, Delegado da CIG en Medio Rural e do Mar , feito éste que, para a CIG, consideran un acto dunha “irresponsabilidade total dado que según datos publicados na páxina web de Medio Rural e do Mar as contratacións directas ascenderían a 738 postos, polo que atopámonos con unha dismunición de 302 contratacións equivalente a un 41%, non tendo noticias da propia Secretaria Xeral de Medio Rural e Montes do que vai acontecer coas citadas 302 contratacións”. A CIG espera que antes do remate do verán den contestación a disminución de medios para a loita contra os incendios forestais no comenzo da campaña.

A CIG denuncia tamén que as contratacións que terá previsto realizar Medio Rural e do Mar non serán efectivas até polo menos a mediados do mes de xullo

 

A CIG insiste na torpeza que cometeu e está acometer a Conselleria do Medio Rural e do Mar coa planificación do dispositivo contra incendios para o verán do 2012, cando chegamos ao comenzo da campaña do verán sen ningún medio adicional a maiores para a loita contra os lumes. A CIG denuncia tamén que as contratacións que terá previsto realizar Medio Rural e do Mar non serán efectivas até polo menos a mediados do mes de xullo, dado os trámites administrativos polos cales deberán pasar os 436 postos a crear na relación de postos de traballo da conselleria, polo que tanto os nosos montes coma as persoas que traballan diariamente no operativo público contra incendios da Xunta de Galicia están a correr un risco maior para as súas vidas, dado coma estamos a decir, pola tan cacarexada e demostrada falta de medios para a campaña de máximo risco de incendios forestais. A CIG esíxelle a Medio Rural e Mar a contratación urxente dos medios recollidos no Pladiga 2012, para desta maneira salvagardar o medio natural do noso país galego ante os delicuentes que lle meten lume aos montes. Da mesma maneira, a CIG demanda un incremento no período de prestación do persoal a contratar como consecuencia da creación de postos de traballo en RPT de cara a garantir os obxectivos previstos nas labouras de prevención, desta volta conquerindo os obxectivos en materia de prevención.