Denuncian falla de persoal no centro de saúde de Viveiro

“O centro médico de Viveiro está baixo mínimos. Non hai persoal médico, de enfermaría ou traballadora social. "Preguntar en cita previa". Son os carteis que aparecen en distintas portas do centros sanitario”. Así describe o BNG da vila a situación deste servizo.

 

 “Hoxe venres, atópanse pechadas tres consultas médicas, tres consultas de enfermaría e a da traballadora social”, indican os nacionalistas após unha visita ao centro.

 

 “A ausencia de profesionais sen substituír converteuse no habitual, e a precariedade na contratación (nas poucas ocasións nas que se contrata alguén) é a norma xeral”, denuncian.