Denuncian unha corta de árbores na zona verde do Rego Fondón, en Redondela

A corta afectou a especies autóctonas, advirte o colectivo ecoloxista (Foto: Arco Iris).
A asociación ecoloxista Arco Iris notificou unha talla "expresamente prohibida" que arrasou perto de 4.000 metros cadrados de superficie.

O colectivo ecoloxista vén de denunicar unha corta de árbores na zona verde do Rego Fondón, na parroquia de Chapela, en redondela. Unha talla "expresamente prohibida", recalca Arco Iris nun comunicado.

Segundo explica a asociación, a corta indiscriminada, que se prolongou durante case dous meses, arrasou unha superficie aproximada de 4.000 metros cadrados na había exemplares de especies autóctonas. 

Arco Iris denunciou o caso ante as "autoridades pertinentes" que, malia todo, insisten en que o propietario da parcela afectada dispón de todos os permisos legais, versión que non comparte o colectivo ecoloxista.

Advirten dunha nova corta

No mesmo comunicado, Arco Iris avisa dunha nova talla "nos próximos días", nunha parcela de 5.000 metros que provocará grandes "estragos", polo que urxe a facer todo o posíbel para evitalo. 

Neste sentido, os ecoloxistas exixen ao Concello de Redondela e á Consellaría do Medio Rural que paralicen a actuación, xa que só "responde a intereses especulativos" e "partiría" unha masa de monte de "grande interese botánico e fáunico" que ameaza unha "lenta e progresiva desaparición" de especies.