Denunciado por alugar cans para sacalos a pasear durante o estado de alarma

Imaxe de arquivo

O Servizo de Protección á Natureza (Seprona) da Coruña, após ter coñecemento de que unha persona anunciaba en redes sociais un servizo de aluguer dos seus cans para sacalos a pasear na cidade durante o confinamento decretado polo estado de alarma, procedeu á súa identificación e posterior tramitación das correspondentes denuncias.

Segundo informou o Instituto Armado, tamén comunicou ao denunciado que "debía cesar inmediatamente a actividade" por, matizaron as mesmas fontes, "fomentar que os posíbeis clientes saltasen a limitación de liberdade de circulación de persoas, disposta polo estado de alarma".

O presunto autor dos feitos carece de "calquera tipo de rexistro ou autorización " para dedicarse á actividade relacionada coa cría e cesión temporal de animais de compañía, matiza a Benemérita, "estando prohibida a cesión ou doazón ambulante destes animais, segundo o disposto na Lei 4/2017 de protección e benestar animal de compañía en Galiza".

Despois da actuación policial, esta mesma persona volveu publicar dous anuncios similares, polo que se interpuxo de novo acta de denuncia.