ACCIóN COLECTIVA DO FEMINISMO GALEGO

Denuncia do feminicidio perante 5 xulgados en Galiza

Esta cuarta feira, ás 19:30, decorrerán concentracións en Compostela, Vigo, A Coruña e Ferrol en rexeitamento dos asasinatos machistas e a indefensión das vítimas.

 

Mulleres organizadas en grupos de acción local na Coruña ou en Compostela, na Marcha Mundial das Mulleres de Ferrol, Ourense, xunto con diversas mulleres militantes do feminismo galego, convocan concentracións en todo o país “en repulsa á ineficacia dos poderes públicos e contra o patriarcado que aínda permea na sociedade galega”, o que leva cobradas, afirman, “as vidas de medio centenar de galegas desde o ano 2003, sete delas no 2014, e case 700 no Estado español”.

Diferentes entidades e colectivos, como o sindicato CIG, amosaron o seu apoio a esta acción “de rexeitamento da violencia machista, esiximos responsabilidades, e facemos un chamamento á mobilización de toda a sociedade galega” a tomar parte nas concentracións.

Lugares e horas das concentracións xa confirmadas:

- A Coruña, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

- Ferrol, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

- Ourense, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

- Compostela, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.

- Lugo, diante dos Xulgados ás 19:30 horas.