“Democracia e liberdade”: convocadas na Galiza mobilizacións pola sentenza do 'procès'

Imaxe de arquivo dunha mobilización nacional en Compostela en apoio ao procès atalá.

Terán lugar ás 20:00 horas desta segunda feira en diversas cidades e vilas galegas.

A Plataforma Galiza con Catalunya convoca para esta segunda feira concentracións de resposta á sentenza  do Tribunal Supremo baixo o lema 'Democracia e liberdade'. Unhas mobilizacións para rexeitar a resolución do alto tribunal e mostrar ao tempo a solidariedade para coas persoas condenadas. 

As concentracións serán ás 20:00 horas desta segunda feira, día en que se publiqcou a sentenza. Até o momento son 10 as cidades e vilas que acolléran estas concentracións:

Mobilizacións convocadas (todas ás 20:00 horas):

Vigo, Farola de Urzáiz

A Coruña, Subdelegación do Goberno

Compostela, Praza do Toural

Ferrol, Praza Amada García

Ourense, Subdelegación do Goberno

Pontevedra, Praza da Peregrina

Lugo, Praza Maior

Burela, Praza da Mariña

Redondela, Praza do Concello

Monforte, Praza de España