Demite o presidente da Asociación de Empresarios de Arzúa que ameazara cos tribunais os opositores a mina en Touro

Un representante de Cobre S. Rafael co xa ex presidente de AECA. Imaxe de Cobre S. Rafael

O presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Arzúa (AECA), Alfonso Gómez Corzo, presentou a súa dimisión irrevocábel, segundo avanzou Radio Arzúa. Embora non explicar o motivo da dimisión, fai constar que é "por considerar que é o mellor para dita entidade". O comunicado explica tamén que o empresario Diego Valiño Rodríguez ocupará o cargo de maneira provisional mentres se procede a r eleccións.

 

Gómez Corzo ameazara con levar aos tribunais aos opositores á mina de Touro.  A incorporación de Cobre San Rafael a AECA motivou críticas nas redes sociais. A resposta da asociación foi ameazar con levar os responsábeis das mesmas aos tribunais se non as retiraban.