Demanda dun convenio “digno e xusto” das traballadoras de ensino infantil

Entrega de sinaturas.

CIG-Ensino concéntranse ante apatronal e entregou 558 sinaturas con esa petición nunha xornada na que CCOO convocara unha folga a nivel estatal.

O Convenio colectivo estatal para as traballadoras de ensino infantil de 0 a 3 anos non convence a boa parte da representación sindical, como CIG e CCOO. Comisións Obreiras convocou para esta terza feira, día 21, unha folga a nivel estatal. O convenio, sinala, “sitúase por baixo dos mínimos pactados no IV Acordo de Emprego e Negociación Colectiva (AENC)”. Poñen como exemplo que deixa os salarios en 910 euros, fronte aos 1000 euros mensuais que, como mínimo, se acordou hai un ano no AENC.

 

Por outra banda, delegadas da CIG-Ensino concentráronse diante da Confederación de Empresarios de Galiza para denunciar un convenio que consideran que “afonda na precariedade laboral” e que é rexeitado pola maioría do persoal na Galiza.  Reivindicaron un convenio galego “como única vía de mellora laboral”, instando a patronal a abrir negociacións.

.

Logo da concentración as delegadas entregaron por rexistro na propia Confederación 558 sinaturas de traballadoras e traballadores, “que supoñen 67% das 111 escolas visitadas  dende o 2 de maio. Sinaturas que denuncian que nese novo convenio non se teñen en conta “as reivindicacións laborais propias dos traballadores e traballadoras galegas”.

 

Nesta liña, afirman que as  condicións que sofren os traballadores e traballadoras dos centros galegos afectados polo XI convenio colectivo estatal de Infantil son precarias e que se manterían de asinarse o XII convenio nos termos acordados. 

 

CIG lembra que após  sete anos de conxelación salarial a única proposta de suba, fóra da aplicación da lexislación estatal do novo salario mínimo interprofesional aprobada polo goberno para todas as traballadoras e traballadores,, foi pasar de925 euros a 930 euros. Non houbo, critican, ningunha mellora laboral en temas de permisos e xornada, continuando esta en 38 horas lectivas semanais, sen tempo para poder facer a programación en horario de presenza nos centros.