A demanda do indulto para Carlos e Serafín volveu ás rúas de Vigo arroupada por centos de persoas

Imaxe da mobilización vía CIG

Centos de persoas tomaron parte na manifestación en apoio aos dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete da greve do transporte en 2008.

Centos de persoas tomaron parte esta quinta feira, día 22, na manifestación que en Vigo se estendeu desde Vía Norte a Príncipe para demandar o indulto de Carlos e Serafín. Estes dous traballadores foron condenados a tres anos de prisión por participar nun piquete da greve do transporte en 2008.

 

O gobernó español denegou a petición de indlto unha primeira vez, pouco despois de saír a sentenza condenatoria, argumentando defectos de forma. A petición do segundo indulto levou a que a xuíza adiase o ingreso en prisión destas dúas persoas até que se resolvese a petición.

 

A manifestación estivo convocada por CIG. CCOO e UXT. O secretario comarcal da CIG, Alberto Gonçalves, lembrou o “calvario xudicial” que están a padecer os dous afectados dende que hai xa máis de catro anos foron condenados a tres anos de cadea “sen que existise denuncia contra eles nin se constatasen danos materiais nin persoais”.

 

"Como lles explico eu ás miñas fillas que o seu pai vai ir á cadea sen facer nada?", preguntábase Serafín Rodríguez nesta entrevista en Sermos Galiza.