Os delitos contra a liberdade sexual aumentan 15,7% na Galiza no primeiro semestre de 2023

Os delitos contra as liberdades sexuais aumentan (Foto: Europa Press)
O documento reflicte que dentro dos delitos contra a liberdade sexual as violacións mantéñense en 89, mentres que o resto de atentados contra a liberdade sexual crecen 21,2%, ao pasar de 255 a 309.

Os delitos contra a liberdade sexual creceron 15,7% na Galiza no primeiro semestre de 2023 ao se situaren en 398, 54 máis que os rexistrados no mesmo período do ano anterior (344), segundo se desprende do Balance de Criminalidade do Ministerio do Interior.

O documento reflicte que dentro dos delitos contra a liberdade sexual as violacións mantéñense en 89, mentres que o resto de atentados contra a liberdade sexual crecen 21,2%, ao pasar de 255 a 309.

O balance sinala, porén, que a criminalidade total se reduciu un 6,8% no país, ao pasar de 49.317 delitos a 45.978 no primeiro semestre de 2023.

Entre xaneiro e xuño houbo na Galiza un 200% máis de homicidios e asasinatos consumados, ao pasar dos tres de 2022 aos nove computados entre xaneiro e xuño deste exercicio. Pola súa parte, os homicidios en grao de tentativa baixan de 26 a 25. Neste período, houbo dous secuestros, un máis que en 2022.

Roubos

Os roubos con violencia e intimidación incrementáronse en 17,7% ao situarse en 498, un total de 75 máis que no primeiros seis meses de 2022. Ademais, os roubos con forza en domicilios, estabelecementos e outras instalacións creceron 16,4%, até os 2.241, fronte aos 1.926 do ano anterior. Desta cifra, 1.290 correspóndense con roubos en domicilios, 4,6% máis.

Tamén se rexistraron 7,8% de furtos máis, até os 9.841 (712 máis); e as subtraccións en vehículos, até as 287, fronte ás 272 do período anterior, 5,5% máis.

En canto ao tráfico de drogas, experimentou un crecemento de 14,7%, con 265 delitos rexistrados, 34 máis que nos primeiros seis meses de 2022.

Cibercriminalidade

Pola súa parte, a cibercriminalidade caeu 22,2%, ao rexistrarse 10.068 delitos, fronte aos 12.949 contabilizados un ano antes. Neste apartado, as estafas informáticas rexistran un descenso de 27%, ao pasar das 11,727 dun ano antes a 8.556 no primeiros seis meses deste exercicio.

O resto de ciberdelitos soben 23,7% e pasan dos 1.222 do primeiro semestre do ano anterior aos 1.512 entre xaneiro e xuño de 2023.