O delegado do Goberno español en Galiza confía en que a investigación sobre a morte de Samuel conclúa "en breve"

Un dos arrestados é levado a declarar por un axente. (Foto: M. Dylan / Europa Press)
Non desbota nova detencións pola mortal malleira.

O delegado do Goberno español en Galiza, José Miñones, sinalou que "se vai a seguir traballando" para determinar se hai "novos implicados" na malleira que matou Samuel Luiz, aínda que confiou en que a investigación se peche "en breve", para o que serán "clave" as probas testificais.

Preguntado antes de manter unha reunión en Vigo, explicou que a investigación permanece aberta e baixo segredo de sumario, así como que, no marco da mesma, "séguese co visionado das cámaras" e as "probas testificales".

Aínda que rexeitou "entrar en detalle" dado que "é clave que a investigación se peche ben", asegurou que "mentres se siga coas probas testificais" permanecerá "aberta" e "coa posibilidade de que se produzan novas detencións". Así as cousas, chamou "deixar seguir na mesma liña" á Policía Xudicial, que, ao seu xuízo, realiza "un traballo excelente".

Asegurou que "mentres se siga coas probas testificais" [ a investigación] permanecerá "aberta" e "coa posibilidade de que se produzan novas detencións"

A preguntas á posíbel participación dun dos detidos noutro altercado na rúa, insistiu en que "todas as vías (de investigación) están abertas" para "pór (aos responsábeis da morte de Samuel Luiz) ante a Xustiza". Ademais, avanzou que "se vai a seguir traballando para ver se hai novos implicados no procedemento" despois de que "os presuntos autores" do crime fosen postos a disposición xudicial a pasada semana.

En todo caso, José Miñones remarcou que "será o xulgado o ditamine todo o que é a liña a seguir" e "as causas e o motivo dese asasinato ou homicidio", pero detallou que, polo momento, "non hai novidade" desde que a sexta feria se realizaran novas detencións.

Nesta liña, o delegado do Gobernoaugurou que as probas testificais que se están a practicar aos detidos serán "clave" para unha investigación cuxo peche confiou en que se produza "en breve".