Deitad@s contra o fechamento de camas e a privatización da sanidade

HospitalDaCosta

Continúan as mobilizacións contra a decisión da Xunta de desmantelar un total de 1.200 camas hospitalarias durante os catro meses do período vacacional. Vídeo no interior.

 

Esta cuarta feira, realizáronse en todas as áreas sanitarias de Galiza concentracións en protesto contra o anuncio de fechamento de 1.200 camas hospitalarias, un corte neste servizo público sen precedentes..

Deitadas simbólicas -todas e todos ao chan- para pór en escena que a Xunta aposta en fórmulas privatizadoras que irán resultar na degradación da calidade da prestación sanitaria en Galiza. Ese foi o formato reivindicativo ao que apelaron esta cuarta feira as organizacións sindicais CIG, CC OO, UXT, CESM-Omega, CSI-F e SAE.

Os protestos continuarán esta quinta feira, cunha concentración ás portas do Chus en Compostela.

A xuízo das centrais sindicais, o executivo de Feijóo -e nomeadamente a conselleira do ramo- ten tracexada unha “folla de rota” cara ao desmantelamento da sanidade pública.

É por isto que demandan un cambio radical nas políticas sanitarias que blinde o sistema público e recuse as “complicidades” co “lobby da sanidade pública”.