Defensor del Pueblo advirte que a lei non ampara "axitación, dor ou sufrimento" na Rapa das Bestas'

Rapa das Bestas (Arxina)

niciou varias actuacións de oficio por malos tratos animais a raíz dun suceso en Oia. 

O Defensor del Pueblo considera que a tradición coñecida como 'Rapa das Bestas' non ampara a axitación, a dor ou o sufrimento dos cabalos salvaxes dos montes galegos e tras a morte dalgúns exemplaresnun evento en Oia iniciou varias actuacións de oficio por malos tratos animais.

O informe anual 2019 da actividade do Defensor del Pueblo sinala que o obxectivo da explotación destes cabalos en liberdade é o aproveitamento dos recursos naturais de máis difícil acceso, a protección e limpeza dos montes, e a obtención dun rendemento económico.

O Defensor abriu unha actuación tras a morte de catro cabalos en Oia que protagonizaron unha 'rapa das bestas'.

Para a institución, estes animais son "de produción", polo que lles son aplicábeis as normas de protección e benestar animal. Polo tanto, lembra ás administracións que adopten as medidas necesarias para asegurar que "non padezan dores ou sufrimentos inútiles" e que teñan en conta a súa especie e grao de desenvolvemento, a súa adaptación e domesticación así como as súas necesidades fisiolóxicas.

Por tanto, subliña que a lei "non ampara condutas que produzan axitación, dor ou sufrimento innecesarios aos animais de produción, nin o sacrificio de animais fóra dos matadoiros salvo que unha norma o prevea".

Con todo, estes catro cabalos sufriron segundo o Seprona uns "brutais golpes" polos que morreron, aínda que non se puido identificar ao presunto responsable desta conduta tipificada como "moi grave".