Defensor del Paciente pide á Fiscalía que investigue a situación dos pacientes no psiquiátrico de Conxo

O Defensor del Paciente solicitou á Fiscalía que investigue a situación dos pacientes no centro psiquiátrico de Conxo, en Santiago, tras o informe do Defensor del Pueblo sobre "irregularidades" na atención aos mesmos.

Nunha carta remitida á Fiscalía Superior de Galiza, o Defensor sostén que o citado informe "explica como se están violando os dereitos fundamentais das persoas, cun trato propio doutros tempos" e que cualifica de "graves", motivo polo que pide a súa intervención para determinar a posíbel comisión de delito.

No seu escrito, alude a tamén ao comunicado do  Movemento  Galego da Saúde Mental, que denunciou a vulneración "dos dereitos fundamentais dos pacientes con problemas de saúde mental", en referencia ao informe elaborado polo Defensor del Pueblo tras unha visita ao Hospital Psiquiátrico de Conxo.

"Entre os días 6 e 8 de xullo, un equipo deste órgano, encargado de velar polos dereitos do cidadán, presentouse sen previo aviso no psiquiátrico, dentro do proxecto de visitas con enfoque de xénero.

Destacan ademais que o centro non conta cun protocolo de prevención de suicidios axustado a institucións residenciais de media e longa permanencia

Alí, observou unha serie de "irregularidades" que van desde a falta de información clínica e social dos pacientes até a ausencia de rexistros de casos e motivacións das contencións mecánicas realizadas", remarca esta entidade.

Esta memoria da inspección, que tamén se detén nas condicións de habitabilidade do edificio, "pon especialmente de manifesto a falta dun proxecto realmente rehabilitador, que teña en conta motivacións diferenciais por idade, problemática de saúde ou envellecemento activo".

Segundo o Defensor del Pobo, engade  Movemento  Galego da  Saúde Mental , "en Conxo tampouco se facilitan as comunicacións co exterior nin a realización de talleres ocupacionais que, asegura, só benefician un 23% dos pacientes", cita, entre outras cuestións.