Defensa da Ría reunirase na Moncloa co gabinete de Pedro Sánchez

 

Unha delegación da Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) reunirase na Moncloa con representantes do gabinete do presidente do gobernó español, Pedro Sánchez, para abordar todos os aspectos relacionados coa fin da concesión de Elnosa en Lourizán e coa prórroga da permanencia de Ence na Ría de Pontevedra.

 

Así o deu a coñecer o presidente do colectivo, Antón Masa, que lembrou que tiñan solicitada unha entrevista con Pedro Sánchez, mais ante a imposibilidade de tela por cuestións de axenda do presidente, reuniranse co seu gabinete.  O colectivo tamén ten unha xuntanza fixada coa ministra de Transición Ecolóxica.