Decretan o ingreso en prisión para o mozo que feriu un xornalista en Pontevedra

Un axente e un vehículo da Policía española. (Foto: Policía).

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), o mozo pasou a disposición do xulgado, que decretou o seu ingreso en prisión investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, atentado a axentes da autoridade, danos e lesións.

O Xulgado de Instrución número tres de Pontevedra decretou o ingreso en prisión provisional comunicada e sen fianza do mozo de 25 anos que agrediu onte un xornalista de La Voz de Galicia en Pontevedra.

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), o mozo pasou a disposición do xulgado, que decretou o seu ingreso en prisión investigado polos delitos de homicidio en grao de tentativa, atentado a axentes da autoridade, danos e lesións.

En concreto, trátase do mesmo home que en decembro do ano 2015 agrediu o entón presidente do Goberno español, Mariano Raxoi, nunha rúa en Pontevedra.

Segundo publicou La Voz, entrou na redacción e atacou cun coitelo o xornalista Alfredo López Penide, que sufriu feridas nunha man e no peito. O autor da agresión irrompeu na redacción que o xornal ten na rúa Rosalía de Castro na mañá da sexta feira, onde, conforme indicou La Voz de Galicia, empezou a golpear cun rodete ordenadores e outros efectos das instalacións. No lugar atopábase, ademais do xornalista agredido, unha persona de administración.

Despois de ser alertada, a policía reduciu o agresor, que presentou resistencia. Unha vez detido, foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do CHOP.

O arrestado, que agora ten 25 anos, agrediu en decembro de 2015 ao entón presidente do Goberno estatal, Mariano Raxoi, ao que se achegou para pedirlle unha foto mentres paseaba polo centro de Pontevedra con motivo da campaña electoral. Por iso, foi condenado polo xulgado de menores de Pontevedra a dous anos de internamento en réxime pechado como autor dun delito de atentado.