O Tribunal Supremo declara nulo o despedimento dunha traballadora de Santiago que solicitara un permiso para casar

Imaxe de arquivo do Tribunal Supremo, situado en Madrid. (Foto: albTotxo)

O Tribunal Supremo (TS) declarou nulo o despedimento dunha traballadora da Asociación Clúster Alimentario da Galiza (Clusaga) despois de que está solicitara o permiso de matrimonio para poder casar.

O pasado 3 de febreiro, a Sala Cuarta do TS desetimou o recurso de casación presenciado por Clusaga contra un sentenza do Tribunal Supremo de Xustiza da Galiza (TSXG) en xuño de 2020, e confirmou a invalidez do despedimento, ao consideralo "discriminatorio".

A asociación cesou a traballadora no momento de solicitar o permiso de matrimonio, a pesar de que o contrato que os vinculaba tiña unha duración de tres anos máis, até que rematase o proxecto no que se atopa inmersa.

O alto tribunal recorda que a discriminación por razón de estado civil está proscrita polo lexislador ordinario, como recolle o artigo 4 do Estatuto dos Traballadores, e polo constitucional, como aparece no artigo 14 da Constitución Española.

Decisión do TS

Precisamente, a sala baseou a súa conclusión en que a lista constitucional das circunstancias frente ás que se proscribe a discriminación, presente no artigo 14 da Constitución, é aberta.

No auto, o TS asegura que "adoptar unha decisión pexorativa para unha traballadora como consecuencia de que anuncia ou contrae matrimonio é, sinxelamente, infrinxirlle un trato discriminatorio e oposto á Constitución Española".

O maxistrado instrutor do caso decidiu declarar o despedimento nulo e non improcedente, xa que entendeu que tivo lugar "como reacción ao anuncio que a traballadora realizara sobre o seu futuro matrimonio":