“A decisión de prorrogar os contratos MIR e EIR suporá que o persoal das listas non poida traballar”

(Jesús Hellín / Europa Press)

CIG-Saúde reclama a publicación das listas de contratación do persoal facultativo e a convocatoria da Mesa Sectorial.

A CIG-Saúde reclama a “publicación inmediata” das listas de contratación do persoal facultativo e a convocatoria da Mesa Sectorial para abordar, entre outras cuestións, “as necesidades das unidades de hospitalización, UCI e Atención Primaria en relación á COVID-19”. Tamén, engade o santiago, para falar “ da necesaria mudanza na política laboral que remate coas condicións de precariedade nas que se realizan os contratos e poder dar estabilidade aos equipos de traballo”.

Unha demanda que para este sindicato urxe aínda máis  tras o anuncio da Consellaría de Sanidade “de prorrogar por un ano os contratos MIR e EIR como reforzo, o que implicará que o Sergas non publique as listas de selección temporal e polo tanto que non se oferten os contratos de médicas e médicos de hospital os traballadores e traballadoras inscritos nestas listas e que levan anos sufrindo unha total precariedade laboral”.

"Non estamos en contra da contratación, o que reclamamos é que se faga cumprindo o acordo de selección temporal e tendo en conta ao persoal que xa está nas listas de contratacións", aclara a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

A CIG-Saúde sostén que lnon é a prim eira vez que denuncia que a prórroga que se fixo ao persoal MIR e EIR “non estaba sendo utilizada no sentido que recollen as ordes do Ministerio de Sanidade -como persoal de “reforzo”-, senón que se utiliza para cubrir ausencias de médicos de Primaria, Enfermería, Matronas, Psicoloxía Clínica, etc., que deben ser cubertas a través das listas de contratación do Sergas”.

"Non estamos en contra da contratación, o que reclamamos é que se faga cumprindo o acordo de selección temporal e tendo en conta ao persoal que xa está nas listas de contratacións", aclara a secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín.

A estes respecto sinala que os chamamentos a través destas listas ofrecen transparencia na contratación, que se respecten os principios de igualdade, mérito e capacidade, e que os contratos se oferten pola orde de prelación e non mediante criterios subxectivos.

"Por riba do persoal"

Porén, critican, no documento remitido ao Ministerio de Sanidade para solicitar pasar á Fase 1, a Consellaría recolle a contratación por un ano do persoal MIR e EIR que remate o 28 de maio do 2020. "Contratación que vai pasar por riba de todo o persoal inscrito nas actuais listas de contratacións", advirte Abuín.

CIG-Saúde solicita, unha vez máis, a convocatoria dunha reunión monográfica de Mesa Sectorial  para abordar as necesidades de persoal no SERGAS,  cunha  referencia concreta  á  cobertura das unidades de hospitalización, UCI e Atención Primaria en relación á COVID-19.