Debate sobre a situación das mulleres en prisión

Esta cuarta feira na Casa do Matadoiro de Compostela, organizada por Esculca.

O Observatorio para a defensa dos dereitos e liberdades Esculca organiza esta cuarta feira un debate sobre a situación das mulleres en prisión. Terá lugar no Auditorio da Casa do Matadoiro de Compostela e será conducido por Yolanda Ferreiro Novo, avogada de Esculca.

 

O obxectivo do debate é examinar coas persoas e colectivos que traballan na defensa dos dereitos da muller as posibilidades de non deixar fóra da loita feminista aquelas que sofren formas de opresión moitas veces descoñecidas.

 

Procúrase analizar a situación en que se encontran as mulleres encarceradas e as posibilidades de forzar reformas que melloren esa situación e abran a vía a un proceso de descarceración como os que foron postos en práctica noutros estados.