“Debaixo da fábrica están as praias”: 16 de xuño, marcha en Pontevedra contra as celulosas

A Plataforma pola Defensa da Ría convoca a súa movilización anual contra o complexo Ence-Elnosa.

O sábado 16 de xuño terá lugar unha nova edición da tradicional marcha contras as celulosas, a mobilización multitudinaria que ano tras ano reúne miles de persoas en Pontevedra convocadas pola Plataforma en Defensa da Ría para solicitar a fin na Ría dos complexos de Ence e Elnosa. Nesta edición o lema é ‘Debaixo da fábrica están as praias’.

 

A marcha partirá ás 19:30 horas das Alamedas de Marín e Pontevedra. Entre as reivindicacións, a caducidade de Elnosa, a derrogación da prórroga a Ence  e a loita contra a eucaliptización.  A xornada reivindicativa completarase nesta ocasión cunha festa previa na Alameda de Pontevedra, aínda sen definir pero na que a idea é organizar unha comida e diferentes actividades previas á marcha, con obradoiros para nenos e animación musical.