Sete das cociñeiras do Grupo Nove reabren os seus restaurantes

Equipo do Grupo Nove (Foto: Nós Diario).

Héctor López (España), Roberto Filgueira (O Balado), Iván Domínguez (NaDo) e  Álvaro Villasante (Paprica) abrirán o seu único restaurante nas próximas dúas semanas e así o farán tamén con parte dos seus restaurantes, Caco Agrasar (Salitre), Pepe Vieira (Ultramar) e Lucía Freitas (Lume), deixando a apertura de As Garzas, Pepe Vieira e A Tafona, respectivamente para máis adiante.

O inicio do confinamento e das medidas para impedir a propagación da COVID-19 levou consigo o peche de todos os negocios de hostalaría, incluídos, por suposto, os restaurantes dos cociñeiros e cociñeiras do Grupo Nove.

De cara á fase 2 do proceso de desconfinamento, e logo de realizar durante estes meses reunións virtuais e postas en común para "enfocar a reapertura coa máxima seguridade para os clientes", abrirán os seus negocios Héctor López (España), Roberto Filgueira (O Balado), Iván Domínguez (NaDo) e  Álvaro Villasante (Paprica) abrirán o seu único restaurante nas próximas dúas semanas e así o farán tamén con parte dos seus restaurantes, Caco Agrasar (Salitre), Pepe Vieira (Ultramar) e Lucía Freitas (Lume), deixando a apertura de As Garzas, Pepe Vieira e A Tafona, respectivamente para máis adiante.

NaDo, o proxecto de Iván Domínguez, terá un novo irmán, a submarca #XeitoNado onde terán cabida desde o servizo take away até outras novas ideas coma cursos de cociña e tanto Lucía Freitas como Caco Agrasar continuarán cos seus servizos de delivery no caso de Lucía en Lume e de take away no que respecta a Salitre, propiedade de Caco.                  

Algúns, como Rafa Centeno visualizan a apertura cara finais de xuño mentres lle da unha volta ao concepto do seu restaurante Maruja Limón para adaptalo ao verán e as novas circunstancias. Así coma Pepe Solla que, para a próxima apertura o 16 de xuño de La Radio, ten ideado un servizo de terraza con pratos específicos e comezar con servizo de delivery.

Javier Olleros non descarta poder ofrecer servizos adicionais como o take away, a venta de produtos ou cociñar nas casas dos clientes e mentres non abre o seu Culler de Pau, xa ten cubertas as prazas para varios cursos de cociña online. Daniel López tamén comezou xa co seu novo proxecto “Crossover na casa”, un servizo de take away no que mestura pratos de O Camiño do Inglés con pratos do Josefa´s Bar.

Juan Crujeiras (Bido), Manuel Costiña (Retiro da Costiña), Daniel Guzmán e Julio Sotomayor (Nova), Alberto G. Prelcic (Silabario) , Iñaki Bretal (Eirado da Leña), Yayo Daporta (Yayo Daporta) e María Varela (A Parada das Bestas) tamén pospoñen a apertura dos seus negocios e mentres aproveitan para facer cambios nos seus establecementos e na súa oferta gastronómica.