CUT, SLG e Sindicato Ferroviario convocan para o 8M unha greve “só para mulleres”

Rexistraron na Consellaría de Traballo o preaviso da convocatoria de folga, que se dirixe exclusivamente “a todas as mulleres traballadoras de Galiza”.

Central Unitaria de Traballadoras (CUT), Sindicato Labrego Galego (SLG) e o Sindicato Ferroviario-Intersindical rexistraron na Consellaría de Traballo o preaviso de convocatoria de greve de 24 horas para o vindeiro 8 de marzo, tal e como fixeran estas tres organizacións o ano pasado. A novidade da convocatoria deste ano radica en que, por primeira vez, diríxese exclusivamente a “todas as mulleres traballadoras de Galiza”, se ben abren a porta a que se sumen “todas aquelas persoas que estean sometidas ás diferentes violencias patriarcais como reacción ao seu xénero”.

 

A greve, explican nun comunicado, abranguerá o plano laboral, estudantil, de coidados e de consumo.  

 

Continúa pois a alargarse as organizacións que apoian e desenvolven un chamado á greve de 24 horas para o 8 de marzo.  A Confederación Nacional do Traballo (CNT) convocou o vindeiro 8 de marzo unha folga xeral feminista de 24 horas en todos os sectores.

 

En novembro pasado, perto de 300 delegadas que asistiron ao IV Encontro Nacional de Mulleres da CIG acordaron en asemblea convocar folga xeral de 24 horas e de mulleres o vindeiro 8 de marzo.