CUT advirte á Xunta que a proposta de servizos mínimos para o 8M vulnera o dereito de folga

O sindicato advirte que a proposta non respecta a sentenza ditada o ano anterior polo TSXG

A proposta presentada pola Xunta para negociar os servizos mínimos para a folga de mulleres do 8M continúa sumando rexeites. Se esta segunda feira era a CIG quen a cualificada de “inasumíbel”, nesta terza é a CUT quen adivirte ao goberno galego que poden acabar incorrendo nunha vulneración do dereito de folga.

 

A CUT lembra que no marco do pasado 8M denunciou á Xunta até en tres ocasións por vulneración deste dereito fundamental, conseguindo en todos os casos sentenzas favorábeis ás traballadoras.

Ambos os dous sindicatos, CIG e CUT, coinciden en denunciar que a proposta dos servizos mínimos non só non respecta a sentenza ditada o ano anterior polo TSXG, senón que mesmo contempla un número de efectivos aínda máis abusivo.

 

Ataque “machista e españolista”

 

CUT denuncia que esta fin de semana máis de dez faixas que a Secretaría de Mulleres do sindicato colgara en Vigo chamando á folga do 8M apareceron pintadas cunha bandeira de España por riba do logo. Un ataque “ machista e españolista”, denuncian.