CARTA A SERMOS

Cuestión de números...


Si amigos…soamente somos simples números. Números que cada catro anos ou menos permiten desgobernar a outros números (estes con pedigrí); números que se manipulan segundo conveña para xustificar o funcionamento de certos negocios, coma por exemplo, o Álvaro Cunqueiro... E coma números (sen pedigrí), así foi o trato recibido nese último negocio-hospital:

Entraban un tropel de médicos a visitar á paciente, desorientada e de idade avanzada, e non deixaban quedar á familia. A visita non acostumaba a sobrepasar o medio minuto, mentres dende fóra escoitábamos que lle preguntaban: “¿Cómo está? ¿Quere ir para casa?” (ridículo, que sabería ela do que lle falaban).

Cada día no servizo de Neurocirurxía “informaba” á familia un médico distinto, e daba una información diferente e contradictoria. As veces se non sabían que responder, dicían que é que lle endosaron a paciente, que non a viran antes (tampouco semellan saber ler historiais…).

Os enfermos son persoas, non papeis que se poidan mirar e opinar do escrito neles

Os enfermos son persoas, non papeis que se poidan mirar e opinar do escrito neles; cómpre coñecelos, e se non é posible, preguntar á familia como era a súa vida antes da enfermidade para valorar as consecuencias desta. Nin sequera veu un fisioterapeuta (fundamental neste tipo de pacientes onde os primeiros meses de rehabilitación son esenciais para unha posible recuperación…) Ademais, a familia ten que coñecer en que condicións queda o enfermo, para ver que medidas adopta con respecto ó seu  coidado.

En canto a parte do persoal de enfermería: a paciente tiña dor, e unhas veces contestábanche que era normal e non lle daban nada; outras pedíaslle un calmante e lle daban antibiótico; e ante as explicacións da dificultade que tiña para tragar algunhas pastillas, recibimos contestacións como: “Que se acostumbre”.

En resumo, a empatía e comprensión hacia o paciente e a súa familia é nula, non lles importan; non sei se a efectos estatísticos…(imaxino que ós casos que poidan servirlles para lucimento persoal e elevar o seu ego, faranlle máis caso; tódolos demáis parece que non son máis que rutina é números).

Este malestar é xeral entre os familiares que cada día esperan diante da porta de “información” dese servizo.

Antía Román Méndez. Vigo.