Cuarta sentenza contra Reganosa: Supremo anula plan de emerxencia exterior

reganosa

O Comité cidadán parabenízase por unha resolución que atinxe os decretos da Xunta qiue aprobaron o plan.

O Tribunal Supremo (TS) anula o Plan de emerxencia exterior de Reganosa, aprobado polo Real Decreto 144/2007 e que fora obxecto de recurso pola plataforma de veciños 'O Cruceiro' de Mehá. Así o notifica o Comité cidadán de emerxencia para a Ría de Ferrol, que destaca que a sentenza do Supremo é firme. “Esta nova Sentenza que deixa Reganosa sen Plan de Emerxencia” e únese ás outras resolucións xudiciais recentes que anularon as autorizacións administrativa e de funcionamento.

O Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol quere amosar a súa satisfacción “ao ver confirmadas – una vez máis, polo máis alto Tribunal de Xustiza – as súas alegacións contra una Planta de Gas ilegal, perigosa, innecesaria e posta no interior da Ría en función do pelotazo económico dos seus promotores coa complicidade das administracións”. 

O pasado mes de abril a Sala III do Tribunal Supremo estimara o recurso interposto polaplataforma veciñal O Cruceiro de Mehá e anulaba a resolución da Dirección xeral de política enerxética que concedeu a Reganosa autorización administrativa previa para instalar a súa planta en Mugardos. 

Reganosa afirma que ese plan que anula o TS xa non estaba en uso e que ten outro diferente en vigor.