''A CRTVG ten un plan: externalizar todo agás os informativos''

[Imaxe: M.Montero]

O blogue 'Eu non manipulo', onde @s traballador@s da CRTVG denuncian as inxerencias políticas no dereito á información que sofren no seu día a día, acumula xa máis de 500 entradas. Sobre o que nel se conta e sobre a situación da radio e da televisión públicas da Galiza falamos con Raquel Lema, presidenta do comité interempresas.


A Compañía da Radio e Televisión de Galiza, a empresa pública CRTVG, pechou até cinco delegacións territoriais. O desmantelamento dunha delas, a de Pontevedra, valeulle o recoñecemento como 'medio non grato' por parte do Concello polo ocultamento das novas positivas que tiñan a ver coa cidade, destacando unicamente as negativas. Desde aquela, a información encarrégaselle a unha canle privada.

En Vigo hai un partido político que envía os cortes de voz gravados pol@s propi@s concelleir@s e xa editados, sen a calidade que debe ter o material audiovisual. A produción propia vai en caída libre e Raquel Lema, presidenta do comité interempresas da compañía, fálanos dos "chiringuitos" que cobran por producir contidos que son de servizo público namentres @s profesionais da casa están sen carga de traballo.

De todas estas cousas e de moitas máis conversamos con Lema nunha entrevista que poderán ler no semanario nº77, só en papel, do Sermos Galiza.