A CRTVG prevé manter a ex Valedora como tertuliana

milagros otero valedora do pobo Imaxe de CRTVG

O director, Alfonso Sánchez Izquierdo, escúdase no ‘prestixio social’ de Milagros Otero para mantela como tertuliana nun programa da Radio Galega.

A polémica vai sempre onde está a ex valedora do Pobo Milagros Otero, que deixou o seu cargo albo dunha sentenza que implicaba trato de favor pola contratación dunha sobriña do ex presidente Fraga Iribarne. Desta vez a polémica en cuestión xurdiu pola súa continuidade nas tertulias da Radio Galega.

En resposta a unha pregunta do Grupo Socialista en comisión Parlamentaria, o director da Corporación de Radio e Televisión de Galizia (CRTVG), Alfonso Sánchez Izquierdo, defendeu que Otero se manteña no seu posto de tertuliana na Radio Galega cobrando “o mesmo” que o resto dos tertulianos.

Segundo o director da corporación, que xa xustificara a súa fichaxe afirmando entre outras cousas que “non foi condenada por ningún tribunal” (aínda que o TSXG sinalara que practicara “desvío de poder e arbitrariedade”), a ex valedora Milagros Otero continuará no programa Galiza por Diante da Radio Galega polo seu “currículo” e “prestixio”.  

Valor incuestionábel

Ante esta resposta, a socialista Noela Blanco inquiriu se “tras o grave prexuízo que causou a señora Otero como valedora, pódese considerar que ten boa reputación social?”, ao que Sánchez Izquierdo sentenciou que “o valor que achega desde o punto de vista académico é incuestionábel”.