A man do PP na TVG "afecta desde os informativos até os debuxos animados e a publicidade"

Falamos con Lola Ferreiro, voceira da plataforma en defensa da radio e da televisión pública galegas que se constituíu o ano pasado: Mira por Elas! 


Lola Ferreiro, médica e coordinadora do grupo de estudos de xénero Lúa Crecente, asumiu a portavocía da plataforma Mira por Elas! canda ao actor Cándido Pazó. O colectivo, que agrupa máis de 30 asociacións baixo o seu paraugas, leva algún tempo inactivo no que á defensa da radio e da televisión públicas da Galiza se refire. Porén, a súa experiencia convirte a plataforma en voz autorizada para analizar a situación actual da CRTVG, axugada polo PP.

Sermos Galiza entrevistou a Lola Ferreiro: "atacar a televisión e a radio públicas supón atacar a lingua, a cultura, a liberdade de expresión das e dos profesionais e o dereito da cidadanía a unha programación acaída e a unha información verdadeira". Por tanto, coa política de manipulación e instrumentalización das informacións que veñen denunciando @s traballador@s do ente público, a dirección da CRTVG "non deixa nada sen atacar".

A entrevista completa podes lela no noso semanario nº44, que está nos quiosques e puntos de venda habituais desde a sexta feira día 26.