Crematorios galegos incineran cadáveres procedentes de Madrid, en "colapso" funerario

Imaxe de arquivo (Foto: Europa Press)

Crematorios galegos participan na incineración de cadáveres procedentes de Madrid, cidade cuxos servizos funerarios sufriron unha situación de "colapso" nas últimas semanas debido ao elevado número de mortes que causou a crise sanitaria do COVID-19.

Fontes do sector funerario na Galiza consultadas por Europa Press ratificaron que, desde hai algunhas semanas, crematorios de centros funerarios situados en varios puntos do noso territorio recibiron cadáveres para proceder á súa incineración.

As mesmas fontes indicaron que ditas incineracións prodúcense, fundamentalmente, en instalacións de Albia, empresa do grupo Santalucía con centros por todo o territorio estatal e tamén na Galiza

Respecto diso, Albia confirmou a Europa Press, a través dunha portavoz, a participación de centros galegos da compañía neste tipo de incineracións, pero remarcaron que se fai "sempre" coa autorización da familia.