Crean a 'Plataforma 2018' contra a prórroga de ENCE

Acto de presentación da Plataforma 2018 [Imaxe: PontevedraViva]

Organizacións políticas e colectivos sociais reúnense para amosar a súa oposición á posíbel prórroga de ENCE que podería manter a súa actividade en Lourizán para alén de 2018

 

Até o momento son 29 organizacións e colectivos sociais mais "agardamos moitos máis se vaian sumando" á Plataforma 2018. Máis un proxecto para confrontar o mantemento de ENCE-Elnosa na Ría de Pontevedra. 

Perante unha posíbel prórroga da súa actividade en Lourizán, ao abeiro da nova Lei de Costas, múltiples organizacións decidiron botar a andar esta iniciativa cuxo obxectivo, explican, é "facer patente a oposición a unha posible prórroga á actividade de ENCE na Ría máis alá do 2018". 

Neste senso, @s promotor@s salientan que fronte a idea que pretende xeralizar a pasteiro "hai un rexeitamento importante á continuidade da fábrica na ría" salientou Antón Masa, presidente da APDR, esta quinta feira no acto de presentación da Plataforma. 

O nacemento desta iniciativa --que prevé a convocatoria de diversos actos nas vindeiras datas-- sumouse ás campañas que xa están en marcha a prol da paralización da prórroga demandada pola pasteira. Como a recollida de sinaturas a través do portal web change.org ou a manifestación que terá lugar o 1 de xuño en Pontevedra. 

Organizacións integrantes da Plataforma 2018
Anova 
BNG 
Colectivo nacionalista de Marín
Equo
Espazo Ecosocialista
Galiza Nova
ISCA
Nós-UP 
Partido da Terra 
PSdeG-PSOE 
15-M 
Federación de Asociaciones de vecinos Castelao
Organización galega de montes veciñais en man común 
Plataforma en defensa dos montes do Morrazo
Queremos galego-Marín 
Almuinha 
Amarante 
Amig@s da Cultura 
Canón de pao 
Fundación Alexándre Bóveda 
Pavís-Pavós 
Verboxido