Covid: baixan contaxios, casos hospitalizados e ingresados

Xente polas rúas de Sanxenxo nunha imaxe de arquivo. (Foto: Beatriz Ciscar / Europa Press)

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta crise sanitaria mantéñense en 2.648, ao non notificar tampouco esta cuarta feira a Consellaría de  Sanidade ningún falecemento.

Os pacientes hospitalizados na Galiza pola Covid-19 descenden a 29, mentres que os casos activos baixan a 421 tras dous días de lixeiros incrementos, así como os novos  contaxios, que caen a 28. 

Segundo os datos actualizados esta quinta feira pola Consellaría de  Sanidade con rexistros ata as 18 horas desta cuarta, as persoas hospitalizadas pola  Covid en UCI mantéñense en oito e descenden a 21 as ingresadas noutras unidades -dúas menos-, mentres que 392 permanecen en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta unicamente na de Ferrol que, aínda que segue sen pacientes Covid en UCI, rexistra dúas noutras unidades -unha máis-; mentres que se alivia nas da Coruña e Cee; Pontevedra e O Salnés e Vigo. Nas outras tres non hai cambios.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta crise sanitaria mantéñense en 2.648, ao non notificar tampouco esta cuarta feira a Consellaría de  Sanidade ningún falecemento

Tras dous días consecutivos de lixeiro ascenso de casos activos na semana na que se prevé que Galiza saia da situación de emerxencia sanitaria, estes descenden a 421, que supoñen 17 menos que a xornada anterior, ao haber máis altas (45) que novos  contaxios (28).

En concreto, as infeccións activas unicamente aumentan en dúas das sete áreas: Ferrol (+4) e Pontevedra e O Salnés (+2); mentres que descenden nas de Ourense (-7), A Coruña e Cee (-7), Santiago e Brbanza (-4), Lugo (-3) e Vigo (-2).

O novos  contaxios tamén descenden por baixo da trintena despois de dúas xornadas consecutivas en ascenso e sitúanse en 28, cinco menos que os 33 desta cuarta feira, aínda que lixeiramente superior aos 23 da terza feira e 21 do inicio desta semana. O 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galiza entrou en niveis de 'nova normalidade'.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o comezo desta crise sanitaria mantéñense en 2.648, ao non notificar tampouco esta cuarta feira a Consellaría de  Sanidade ningún falecemento.