Covid: un novo foco na Mariña afecta 45 persoas en varios concellos

Burela, na Mariña, co porto en primeiro termo (Foto: Federación Confrarias)

Sanidade di que está "delimitado e controlado" e que é de orixe familiar.

Un foco de Covid-19 de orixe familiar cuns 45 casos positivos detectados en varios concellos da Mariña permanece "delimitado e controlado".

Así o confirmaron a Europa  Press fontes da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte, que sinalaron que "hai sobre 45/46 casos vinculados a ese brote" que están "distribuídos en distintos concellos".

Nas localidades de Barreiros, Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Trabada e Burela

En concreto, hai casos de Covid-19 relacionados con este brote de orixe familiar nas localidades de Barreiros, Ribadeo, Foz, Mondoñedo, Trabada e Burela.

Respecto diso, as mesmas fontes sanitarias puntualizaron que "as cadeas de transmisión están trazadas", polo que, resaltaron, trátase "dun foco delimitado e controlado".