A Covid nos centros de ensino da Galiza: 219 positivos e 54 aulas fechadas

Aula dun centro de ensino (Foto: Europa Press)

Hai positivos nun total de 165 centros de ensino non universitario e escolas infantís.

O coronavirus mantén fechadas 54 aulas nas escolas infantís e centros de ensino non universitarios da Galiza, rexistrándose un total de 219 positivos en 165 colexios e escolas.

Son os dados remitidos polo Sergas nesta sexta feira e que sitúan as áreas sanitarias da Coruña e Santiago como as máis afectadas.

En base a estes datos, na área coruñesa hai 45 casos positivos en 3 escolas infantís e 34 colexios, e 4 aulas fechadas. Na de Santiago, a cifra é de 37 positivos en 27 centros e escolas, e 5 aulas fechadas.

Na área sanitaria de Ferrol son 6 os positivos e 1 aula fechada; na de Vigo esa cifra é de 37 positivos e 21 aulas pechadas; na de Lugo é 25 positivos e na de Pontevedra son 41 positivos.

En Ourense hai 28 casos positivos en 19 escolas e centros de ensino, e 9 aulas fechadas.