Covid na Galiza: 4.353 casos activos e 731 persoas falecidas

Persoal sanitario atende na UCI un paciente de Covid-19 (Europa Press).
Nas últimas horas rexistráronse 2 falecementos e 114 novos positivos.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 4.353.

Deles 999 son da área da Coruña, 552 da de Lugo, 743 da de Ourense, 811 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 583 da de Santiago, e 153 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 210 en unidades de hospitalización e 4.111 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 18.534 persoas curadas, rexistrándose 731 falecementos.

A última persoa falecida nun centro hospitalario foi un varón de 61 anos, que estaba ingresado no HULA, e presentaba patoloxías previas.O número de PCR realizadas é de 469.694.

Residencias

No que respecta a residencias de maiores, están contaxiadas 320 persoas usuarias e 119 traballadores e traballadoras. Nos centros de discapacidade, os casos activos afectan 24 usuarias e 21 traballadores e traballadoras.