A Covid no ensino da Galiza: 867 positivos e 36 aulas fechadas. Consulta aquí todos os datos

Aula antes do inicio do curso na Covid-19 (Foto: Europa Press)
Un terzo máis de casos que hai unha semana.

Os centros, institutos e escolas infantís galegas volveron a experimentar un repunte de casos positivos por Covid-19 nas últimas xornadas. Os contaxios detectados polas autoridades sanitarias alcanzan xa os 867, o que supón 138 máis que o sábado e que supoñen un terzo de incremento no últimos sete días.

A situación epidemiolóxica obrigou a pechar unha nova escola infantil, a gardería Golfiños de Lugo, que conta con polo menos tres positivos confirmados. Este caso únese ao peche do punto de atención á infancia de Boborás, que conta con seis contaxios por coronavirus. 

Ademais destes dous centros, as autoridades sanitarias manteñen pechadas polo menos 36 aulas en toda Galiza. Con todo, este número poderían ser maior ás cifras da Xunta, posto que o balance recolle unicamente as unidades e escolas clausuradas por decisión do Sergas pero non outros peches que se producen no territorio por iniciativa dos equipos directivos, a pesar de que se apliquen seguindo o protocolo de acción ante a COVID-19.

O incremento de casos detectados prodúcese, ademais, nun contexto de novas restricións e do decreto do estado de alarma por parte do Goberno estatal.

Na área da Coruña hai 152 persoas contaxiadas e 5 aulas pechadas. Na de Ferrol, as cifras son de 70 e 4 respectivamente. Na área sanitaria de Santiago hai 137 contaxiados e as aulas que tiveron que pechar son 5.

Os dados da área de Lugo son: 6 aulas pechadas, 90 contaxiados e 1 centro de ensino que tivo que pechar. Na de Ourense, 133 infectados, 4 aulas e 1 centro pechados.

Na de Pontevedra: 98 e 3, mentres que na de Vigo as cifras son de 187 contaxiados e 9 aulas cerradas. 

Na ligazón externa a esta noticia pode accederse á listaxe de todos os casos detectados.

O incremento de casos detectados prodúcese nun contexto de novas restricións e do decreto do estado de alarma por parte do Goberno estatal.  Unha das características da evolución na Galiza é que os centros das áreas de Vigo, A Coruña e Santiago xa exceden a Ourense como os máis afectados de todo o territorio.

O coronavirus na Galiza continúa a avanzar e se estender con cifras por riba dos 500 contaxios diarios. Nas últimas 24 horas detectáronse 525 positivos por Covid-19, deles 137 na área de Vigo, e xa superamos os 7.000 casos activos ao chegar a 7.074, o que supón un incremento de máis de mil desde a pasada sexta feira