COVID-19 na Galiza: unha de cada dez contaxiadas xa foron dadas de alta

(Arxina)

O número de infectadas polo coronavirus é de 4.635, segundo a Xunta, das que 176 permanecen na UCI. Hai 155 falecidas.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta sexta feira, o número de casos de coronavirus na Galiza sitúase en 4.635 persoas.

Delas, 990 pertencen á área da Coruña, 533 da de Lugo, 694 da de Ourense, 425 da de Pontevedra, 1.049 da área de Vigo, 675 da de Santiago, e 269 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 176 permanecen en UCI, 870 están en unidades de hospitalización e 3.589 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 435 altas de pacientes e 155 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 23.324.

En canto a altas, estas sitúanse en máis de 400 e supón xa case unha de cada dez persoas contaxiadas polo virus.

No que atinxe ao Estado español, as cifras desta sexta feira contnúan a ser preocupantes: o número de persoas contaxiadas supera as 117.000, das que case 6.500 esán en unidades de coidados intensivos. A cifra de vítimas mortais xa estápor riba de 10.000. En concreto, 10.935.

No que atinxe ás altas, no conxunto do Estado son máis de 30.000.