Arranca na Coruña e Vigo a campaña previa á Folga do Clima

[Imaxe: Extintion Rebellion] A folga está convocada para o día 27.
O Movemento Galego polo Clima presentou esta semana a convocatoria do próximo 27 de setembro e un amplo programa de actividades para animar á participación nunha xornada de protesta a nivel mundial.

Cun paseo nocturno en bicicleta, ás 21 horas na Coruña (praza do Humor), e dúas manifestacións na Coruña e Vigo nunha ‘noite violeta’, comeza mañá, sexta feira, a campaña previa á Folga polo Clima do próximo día 27. O sindicato CC.OO. e a Deputación da Coruña sumáronse á convocatoria esta quinta feira.   

Máis de medio cento de entidades públicas, asociacións e colectivos que secundan o chamamento do Movemento Galego polo Clima. Na Coruña as actividades continuarán este sábado, con concentracións no Obelisco cada hora entre as 11:00 e as 18:00. 

En Vigo, na segunda feira, o día 23, terá lugar a presentación da semana de loita contra o cambio climático, a cargo de activistas de Fridays for Future e dos colectivos Vigo Sen Bombeiros e Vigo Histórico. Rematará cunha cadea humana entre o Paseo Alfonso e a Porta do Sol.  

En paralelo, os organizadores remitiron un escrito aos centros de ensino do país para animalos a desenvolver actividades que deixen patente a preocupación da comunidade educativa “e axuden a sensibilizar e crera conciencia social dos graves riscos aos que nos enfrontamos”. 

Con esa vontade divulgativa, o día 24 en Vigo celebrarase tres palestras sobre alternativas no rural, procesos de peonalización en Vigo e ferramentas participativas para a conservación do monte galego. Na Coruña, o día 25 na libraría O Fiandón, Pablo Meira, profesor de Pedagoxía na UDC, falará sobre a transición ecolóxica e medidas de mitigación e prevención.

 

Até hoxe, cincuenta e cinco organizacións asinaron xa o manifesto polo clima.

1.    Frydays For Future
2.    Extintion Rebellion
3.    Greenpeace
4.    Asociación para a Defensa Ecolóxica da Galiza (ADEGA)
5.    Rede para o decrecemento
6.    Ecoloxistas en Acción
7.    Galiza, un futuro sen carbón
8.    Verdegaia
9.    Sindicato Labrego Galego
10.    Asociación Petón do Lobo
11.    Ateneo Ferrolán
12.    Asociación para a custodia do bosque atlántico Betula
13.    Asociación para a defensa da Ría – APDR
14.    Colectivo ecoloxista do Salnés
15.    Plataforma veciñal mina Touro- O Pino Non
16.    Contraminacción
17.    Chalana Cultural de Miño
18.    Véspera de Nada
19.    Grupo de Axitación Social (G.A.S)
20.    Avante LGBT
21.    Asociación Nós Mesmas
22.    Coordenadora dos Centros Sociais do Sudeste
23.    C.S.A. a Cova dos Ratos
24.    C. S. a Revolta
25.    C.S. o Faisca
26.    A Casa Colorida
27.    C.S. a Quinta da Carmiña
28.    C.S. o Fuscalho
29.    Plataforma pola Defensa da Ría de Vigo “CIES”
30.    Proxecto de custodia do territorio O Couto da Eirexiña
31.    Ecoar Global
32.    Marcha Mundial das Mulleres de Vigo
33.    Amigas da Terra
34.    Coordinadora para o estudos dos Mamíferos Mariños (CEMMA)
35.    Colectivo Mala Herba
36.    Vigo Histórico
37.    Oficina de Dereitos Sociais Coia (ODS Coia)
38.    Plataforma pola Defensa do río Sar
39.    Plataforma Casalonga Limpa de residuos
40.    Plataforma de afectados polo vertedoiro de Santiago-Miramontes
41.    Non aos parques eólicos na comarca de Ordes
42.    Plataforma de afectados pola destilería de Contimunde
43.    Comisión de Seguimento da Minaría e Defensa do rural Mesía-Frades
44.    Asociación de afectados polo vertedoiro de Lesta
45.    Rede Plataformas Compostela
46.    Centro para a resiliencia Pousadoira
47.    Mercado da Terra
48.    Xuventude Activa en Sinerxia (XAS) 
49.    Asociación Arousa Moza
50.    Asociación Bota e Bata
51.    A.C. Unha Gran Burla Negra 
52.    Colectivo de acción feminista As Ameixas da Ría
53.    Colectivo Agrocuir da Ulloa
54.    Coordinadora Galega de ONGD
55.    Plataforma en Defensa do Tren A Coruña e As Mariñas