“Os corredores de acceso a Urxencias do CHUS volven estar cheos de pacientes graves”

Entrada ao servizo de urxencias do CHUS (Arxina)

Denúnciao a Asociación de Pacientes e Usuarios do complexo hospitalario compostelán.

“Hoxe, día 2 de xuño, os corredores de acceso ao servizo de urxencias do CHUS volveron a estar cheos de pacientes graves”. Así principio o comunicado de denuncia emitido pola Asociación de Pacientes e Usuarios do complexo hospitalario compostelán.

“Ás 16:30 horas 8 pacientes con médico asignado agardaban no corredor a recibir asistencia por non dispoñer de espazo para ser atendidos”, explican desde o colectivo. “Onte a situación foi similar”, engaden.

É o que a asociación cualifica como “A “maldita normalidade” incidindo en que ase os pacientes con ingreso en planta aprobada “seguen ocupando o espazo de atención, padecendo un entorno asistencial inadecuado para súas necesidades como enfermos e impedindo a entrada no servizo dos que agardan no corredor”.

“Unha espiral perversa que sempre vai en contra dos pacientes e que se sustenta sobre un modelo de atención baseado na austeridade como principio esencial”, denuncian.