Coronavirus na Galiza: 586 falecementos en hospitais e residencias

(Europa Press)
O número de casos activos ascende a 2.747, dos que 28 permanecen en UCI.

Desde o inicio da crise provocada pola pandemia, a COVID-19 cobrouse 586 vítimas mortais na Galiza, das cales 266 corresponden a residencias (132 nestas instalacións e 134 en hospitais e residencias integradas. 

A día de hoxe, o número de casos activos por coronavirus ascende a 2.747, dos que 2.514 se atopan en seguimento nos seus domicilios, 205 en unidades de hospitalización e 28 nas Unidades de Coidados Intensivos (UCI).

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, do total de casos activos, 643 son da área da Coruña, 170 da de Lugo, 450 da de Ourense, 151 da de Pontevedra, 761 da área de Vigo, 448 da de Santiago de Compostela e 124 da de Ferrol

Por outra banda, o número de persoas curadas na Galiza é de 6.959 e o de probas PCR realizadas de 109.896.