Coronavirus Galiza: a curva de contaxios segue a dobregar mentres se estabiliza a presión hospitalaria

Un cribado en Ourense (Foto: Rosa Veiga / Europa Press).
Os casos activos soben a 61.716, con 5.886 novos contaxios e sen cambios nas hospitalizacións.

Segundo o último informe publicado pola Consellaría de Sanidade, con datos consolidados ás 18 horas desta cuarta feira, os casos activos de Covid-19 soben a 61.716 (1.439 máis que na xornada anterior).

Por áreas sanitarias, 16.051 corresponden á área de Vigo (+441); 13.424, á da Coruña-Cee (+149); 10.265, á de Compostela-O Barbanza (+444); 6.576, á de Pontevedra-O Salnés (+12); 6.366, á de Lugo-A Mariña Monforte (+218); 6.103, á de Ourense-Verín-O Barco (+85), e 2.931 á de Ferrol (+87).

Aliás, nas últimas 24 horas detectáronse no país 5.886 novos contaxios (-77), cunha taxa de positividade das probas PCR de 19,3%. Practicáronse neste tempo 7.639 tests PCR, 6.574 tests de antíxenos e 4.707 probas doutro tipo.

Hospitalizacións