Coronavirus na Galiza: 279 casos activos

Persoal sanitario realizando un test de COVID-19 (Foto: EP).

A día de hoxe hai 275 pacientes en seguimento nos seus domicilios e un total de 10.722 pacientes xa están curados

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade vén de informar que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 279, deles 50 son da área da Coruña, 87 da de Lugo, 10 da de Ourense, 4 da de Pontevedra, 101 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 275 no domicilio. Non hai doentes positivos en UCI. Polo de agora, na Galiza  hai un total de 10.722 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos. Ademais, na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.