Coronavirus Galiza: Seguen en descenso os casos activos, xa en 11.458

Ambiente nas rúas de Compostela a finais do pasado xullo. (Foto: César Arxina / Europa Press)
As vítimas da pandemia pola Covid-19 no conxunto de Galiza aumentaron a 3.449 despois de notificar a Consellaría de  Sanidade outros sete falecementos.

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 volven superar os 700, tras ascender a 716 nas últimas 24 horas, 21 máis que a xornada anterior. Descenden a 11.458 os casos activos, 940 menos, mentres que se rexistraron 619 contaxios. Pola súa parte, a taxa de positividade baixou a 22,6% na Galiza.

Segundo os datos actualizados esta cuarta feira pola Consellaría de Sanidade, con rexistros até as 18 horas da terza, recollidos por Europa Press, descenden a 22 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 e aumentan a 694 as ingresadas en unidades convencionais, mentres que 10.742 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria soamente baixa na da Coruña e Cee, na que descenden a oito os pacientes  Covid en UCI (dúas menos) e mantéñense en 162 os ingresados noutras unidades.

No resto das áreas aumentan os ingresados. En concreto, na de Pontevedra e O Salnés descenden a dúas os pacientes Covid en UCI (uno menos) e aumentan a 87 os hospitalizados noutras unidades (dez máis); mentres que na de Santiago e Barbanza seguen dúas perdoas en críticos e soben a 111 os doutras unidades.

Pola súa parte, na área de Vigo aumentan a cinco os pacientes Covid en UCI (un máis) e a 99 os ingresados noutras unidades (dous máis); mentres que na de Ourense descenden a dous os críticos (dous menos) e soben a cinco os hospitalizados noutras unidades (cinco máis).

Na área de Ferrol mantéñense tres pacientes Covid en UCI e ascenden a 57 os hospitalizados noutras unidades (un máis); e a de Lugo continúa a ser única sen ingresados en críticos e rexistra 68 noutras unidades (un máis).

Descenso dos casos activos

Os casos activos de Covid-19 seguen á baixa desde o pasado sábado. O descenso é xeneralizado nas sete áreas sanitarias, coa da Coruña e Cee á fronte (-188), seguida das de Vigo e Lugo (-155 en cada caso), Ourense (-144), Santiago e Barbanza (-133), Pontevedra e O Salnés (-107) e Ferrol (-62).

Así, con máis infeccións activas continúa a área da Coruña e Cee, con 2.413; seguida da de Vigo, con 2.089; Santiago e Barbanza, con 1.787; Ourense, con 1.559; Lugo, con 1.394; Pontevedra e O Salnés, con 1.278 e á cola mantense a de Ferrol, a única por debaixo do milleiro, con 923.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade esta terza feira, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerábel, a incidencia acumulada a 14 días na Galiza en maiores de 60 anos baixou a 1.160,06 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal descendeu a 846,55.

En concreto, a incidencia no grupo de idade de 60 a 69 anos descendeu a 14 días a 1.004,98 casos por 100.000 habitantes; no de 70 a 79 anos a 1.141,79; e no de maiores de 80 anos reduciuse a 1.413,88.

Baixan os contaxios

Os  contaxios de Covid-19 sitúanse en 619. Co novo protocolo xa non se contabilizan os  autotest positivos e non se fan probas de diagnóstico a poboación en xeral, salvo á vulnerábel.

Deste xeito, os contaxiados ascenden na Galiza a 606.692, dos cales 137.425 corresponden á área de Vigo; 125.579 á da Coruña e Cee; 96.178, á de Santiago e Barbanza; 73.713 á de Ourense; 69.339, á de Pontevedra e O Salnés; 66.661 á de Lugo; e 36.923, á de Ferrol.

Desde a segunda feira realizáronse 1.005 PCR na Galiza, que elevan a 3.884.053 as probas deste tipo feitas desde o inicio da pandemia, e 2.755 test de antíxenos, que supoñen 1.739.766 en total.

Falecidos e curados

As vítimas da pandemia pola Covid-19 no conxunto de Galiza aumentaron a 3.449 despois de notificar a Consellaría de  Sanidade outros sete falecementos.

Mentres, 591.848 persoas superaron a Covid-19 desde o inicio da crise sanitaria, após recibir o alta outras 1.552 persoas.