Coronavirus na Galiza: continúa o descenso de casos activos, que se sitúan en 1.063

(Europa Press)

As persoas curadas son xa 9.411.

Unha nova xornada sen falecementos por coronavirus na Galiza, onde o virus deixa até o de agora 608 persoas falecidas, 271 delas relacionadas coas residencias de anciás.

Continúan a descender os casos activos e aumenta o número de persoas curadas. Nesta xornada houbo un leve aumento en ingresos nas unidades de coidadeos intensivos (hai 16, unha persoa máis ca onte).

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza ascende a 1.063, o que supón un descenso de 73 casos a respecto de onte.

Dese total de casos, 285 son da área da Coruña, 69 da de Lugo, 171 da de Ourense, 51 da de Pontevedra, 290 da área de Vigo, 168 da de Santiago, e 29 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 16 permanecen en UCI, 79 están en unidades de hospitalización e 968 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 9.411 persoas curadas (130 máis que na terza feira), rexistrándose 608 falecementos. O falecemento dun home de 81 anos no Chuac puxo fin a tres cornadas sen vítimas mortais. 

O número de PCR realizadas é de 128.856.

Residencias de anciás

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 225 casos activos, dos que 125 son de persoas usuarias mentres que 100 son de traballadoras e traballadores.

No que atinxe a falecementos, mantense en 271: 132 en residencias e 139 en hospitais e residencias integradas.