Coronavirus: Galiza, con 854 casos activos, camiña cara ás 9.800 persoas curadas

Exterior do Chus en Compostela. Imaxe de arquivo (Arxina).

As vítimas mortais rexistradas nesta pandemia son 614

Un día máis, redúcese o número de casos activos de coronavirus na Galiza e aumenta o de persoas curadas. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta segunda feira o número de casos activos de coronavirus na Galizaé de 854, quince menos ca onte.

Deses casos activos, 207 son da área da Coruña, 58 da de Lugo, 127 da de Ourense, 36 da de Pontevedra, 255 da área de Vigo, 145 da de Santiago, e 26 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 permanecen en UCI (1 menos que o domingo), 60 están en unidades de hospitalización e 783 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 9.740 persoas curadas, rexistrándose 614 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 135.464.

Nas residencias de anciás a cifra de casos activos é de 135, dos que 73 corresponden a persoas usuarias e 62 a traballadores e traballadoras.

En canto a vítimas mortais, son 272 desde o inicio da pandemia, 132 en residencias e 140 en hospitais e residencias integradas.