Coronavirus na Galiza: 773 casos activos e camiño das 10.000 persoas curadas

(Europa Press)

Só 42 dos casos activos están hospitalizados.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 773.

Deles 179 son da área da Coruña, 49 da de Lugo, 89 da de Ourense, 30 da de Pontevedra, 266 da área de Vigo, 139 da de Santiago, e 21 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 permanecen en UCI, 37 están en unidades de hospitalización e 731 no domicilio. Polo de agora, na Galiza hai un total de 9.896 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 140.225.

Residencias de anciás

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 98 casos activos, 18 menos ca onte, dos que 52 son de persoas usuarias mentres que 46 son de traballadoras e traballadores.

Os falecementos mantéñense en 272: 132 en residencias e 140 en hospitais e residencias integradas.