Coronavirus na Galiza: 722 casos activos, 34 hospitalizados

Test rápido coronavirus (Europa Press)

A cifra de persoas curadas elévase a 9.970 e as vítimas mortais son 616.

 

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta segunda feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 722, dez menos ca onte.

Deles 162 son da área da Coruña, 40 da de Lugo, 75 da de Ourense, 28 da de Pontevedra, 262 da área de Vigo, 135 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 permanecen en UCI (2 menos), 32 están en unidades de hospitalización (1 menos) e 688 no domicilio (7 menos). Polo de agora, na Galiza hai un total de 9.970 persoas curadas, rexistrándose 616 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 143.580.

Residencias de anciás

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 81 casos activos, dos que 41 son de persoas usuarias mentres que 40 son de traballadoras e traballadores.

Os falecementos mantéñense en 273: 132 en residencias e 141 en hospitais e residencias integradas.