Coronavirus na Galiza: 4.327 persoas contaxiadas e 138 vítimas mortais

Probas de detección de coronavirus nos coches (Imaxe: Europa Press)

O número de altas ascende a 333 e hai 165 persoas con COVD-19 en UCIs. Aos 138 falecementos contabilizados polo Sergas hai que engadir o das 21 persoas usuarias falecidas nas residencias de maiores. 

O número de casos de coronavirus en Galiza ascende a 4.379  (321 máis que onte), dos cales 954 son da área da Coruña, 520 da de Lugo, 660 da de Ourense, 393 da de Pontevedra, 1.018 da área de Vigo, 591 da de Santiago, e 243 da de Ferrol. Son os dados actualizados que ofreceu na mañá desta quinta feira a a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.

Do total de pacientes positivos, 165 permanecen en UCI, 819 están en unidades de hospitalización e 3.395 no domicilio. Polo de agora, na Galiza rexistráronse 333 altas de pacientes e 138 falecementos.

A estes 138 falecementos hai que engadir  as 21 persoas usuarias nas residencias de maiores e padecían coronavirus que morreron dentro destes centros, un dato que as cifras oficiais do Sergas non computan. Así pois, as vítimas mortais totais son xa 159.

O Servizo Galego de Saúde rexistra a morte de todas as persoas diagnosticadas de COVID-19 que falecen nos hospitais galegos, mais non as que se producen nas residencias de maiores, que esta quinta feira contan con 427 usuarias afectadas.

O número de PCR realizadas é de 21.360.

Galiza ten a taxa de letalide máis baixa de todos os territorios do Estado español, con 2,32% respecto da media do Estado que é dun 8,86 %. A taxa de letalidade reflicte a porcentaxe de falecidos respecto dos contaxiados.

No conxunto do Estado español o número de vítimas mortais superou as 10.000 e a de persoas contaxiadas, as 110.000.