Coronavirus na Galiza: 415 vítimas mortais

Análise de coronavirus nun laboratorio (Imaxe: Marwan Naamani)

Trece falacementos nas últimas horas. O número de altas é de 1383, 85 máis ca onte.

O número de vítimas mortais que o coronavirus provocou na Galiza até agora é de 415, segundo os datos de Sanidade, 17 máis desde onte. Dos falementos, máis de 180 están relacionados coas residencias, o que supón máis de 40% dese total.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza ascende a 6.085.

Deles 1.332 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.203 da de Ourense, 501 da de Pontevedra, 1.089 da área de Vigo, 1.025 da de Santiago, e 343 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 123 permanecen en UCI, unha cifra que continúa a se reducir pois eran 128 esta cuarta e 133 esta terza feira. 678 están en unidades de hospitalización e 5.284 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.383 altas de pacientes (85 máis ca onte) e 415 falecementos.

Galiza tivo 320 falecementos en hospitais. Segundo os datos de Sanidade os tres últimos falecidos son un home de 83 anos ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac), unha muller de 88 anos que estaba no Hospital HM Modelo da Coruña, e unha muller de 90 anos que estaba no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Así, faleceron 97 persoas en hospitais da área sanitaria da Coruña, 64 na área de Vigo, houbo 60 mortes na área de Ourense, 45 falecidos na área sanitaria de Compostela, 21 en Ferrol, outros 21 en Lugo e 12 falecidos na área de Pontevedra.

O número de PCR realizadas é de 53.829.

Os datos por residencias sinalan que hai 1.378 persoas contaxiadas dese total na Galiza de máis de 6.000. A maioría son persoas usuarias (956) e 422 son traballadores e traballadoras.

Das 181 persoas falecidas, 95 foron en residencias e 86 en hospitais e residencias integradas.

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais dda Galiza supoñen 3,9% do total das persoas residentes, insiste a Xunta.