Coronavirus na Galiza: 341 casos activos e só 6 hospitalizados

(Europa Press)

Un total de 10.518 pacientes xa están curados.

 

Os casos activos de coronavirus na Galiza son 341, dous menos que os rexistrados esta quinta feira, e vólvese situar no mesmo número dos que había na cuarta. Pequenas variacións na ‘desescalada’ do virus na Galiza, que rexistra nestes días resultados moi afastados dos que había no pico da pandemia, a mediados de abril.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta sexta feria, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 341.

Deles 109 son da área da Coruña, 17 da de Lugo, 24 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 141 da área de Vigo, 29 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 6 están en unidades de hospitalización e 335 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora na Galiza hai un total de 10.518 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 163.569.

Nas residencias de anciás hai 6 contaxiadas, 5 delas persoas usuarias e 1  traballadora neses centros. No que respecta a número de falecementos, mantense en 274, das que 132 foron nas propias residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.