Coronavirus na Galiza: 10.148 persoas curadas, 569 casos activos e 618 falecementos

(Europa Press)

Nas UCIs permanece 1 só paciente.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa esta quinta feira que o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 569.

Deles 139 son da área da Coruña, 38 da de Lugo, 52 da de Ourense, 15 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 112 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 23 están en unidades de hospitalización e 545 no domicilio.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 10.148 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 147.188.

No que atinxe ás residencias de anciás, hai 49casos activos (14 menos ca onte), dos que 28 son de persoas usuarias mentres que 21 son de traballadoras e traballadores.

Os falecementos son 274: 132 en residencias e 142 en hospitais e residencias integradas.